PREPARADOS CASEIROS 

 

Se es primeirizo no tema deste artigo comezarás a familiarizarte coas técnicas máis importantes que se usan para a elaboración de remedios caseiros e  que se empregan para chegar o resultado final do preparado.  Se xa eres un experto no tema, este artigo che servirá de axuda para repasar conceptos.

Coñecedores de que existen unha multitude de formas para presentar os principios activos das plantas no mercado comercial (supositorios, cápsulas, comprimidos, óvulos,…), só nos imos centrar en aquelas preparacións que son doadas de facer e cas que poidamos empregar ferramentas ou utensilios que se topan en calquera das nosas casas.

TÉCNICAS UTILIZADAS NAS PREPARACIÓNS CASEIRAS

Como se dunha receita de cociña se tratara, aquí empregaremos técnicas moi básicas  coas que xa estamos familiarizados. Comecemos coas definicións...

 

BATER.- Remover ou revolver enérxicamente unha substancia ou preparación en estado líquido ou semilíquido para que adquira unha certa consistencia homoxénea ou para que se mezclen ben os seus compoñentes.  Nos preparados caseiros podemos usar as batedoras eléctricas cando batamos grandes cantidades ou manualmente con varillas metálicas.

CONSERVAR E GARDAR.- Manter en bo estado, sen estar exposto a alteracións, calquera sustancia ou alimento.

No aprendizaxe dos remedios naturais, algunhas receitas requiren dun longo tempo de conservación. Os preparados que levan alcohol, aceites esenciais ou limón, poden garantizar unha conserva máis duradeira, pois todos estes ingredentes teñen un gran poder conservante. No caso de que fagamos xabóns, sucede exactamente o mesmo, xa que os produtos que se empregan na súa preparación non requiren de medidas especiais de conservación.

Para todos os demáis preparados,  mellor utilizalos canto antes, conservalos na neveira, evitar deixalos á luz directa e recomendase tamén o uso de recipintes de vidro que pechen herméticamente.

CORTAR.- Facer anacos máis pequenos dunha cousa con axuda dun instrumento de gume.

Se queremos  realizar esta tarefa casi sin esforzo, debemos considerar a opción de ter á man un bo xogo de coitelos. Básicamente hai tres tipos: O de cociñeiro (pódese usar para a maioría dos traballos de corte), o Santoku ( máis delgado e lixeiro e funciona ben á hora de cortar froitas e hortalizas) e o de serra (corta con facilidade froitas e hortalizas que teñen a pel u a casca máis dura e o centro máis suave… tipo limón).   

Engadimos ó noso enxoval,  unha boa pedra para afilalos e unha táboa de madeira.

ESPREMER.- Apertar algo para extraer o líquido que contén.

O zume das laranxas, limóns e pomelos se extraen fácilmente cun espremedor. Recoméndase que éste sexa manual.

LICUAR.-  Feito de transformar un corpo en estado sólido ou gaseoso en líquido.  É convinte dispor na casa dunha licuadora eléctrica e seguir unha serie de regras básicas para aproveitar os beneficios que obtemos nos preparados caseiros e manter o noso aparello novo por máis tempo:

  • Cando vaiamos licuar sólidos, temos que partilos en anacos pequenos para non forzar a licuadora e evitar que as coitelas se traben no proceso.
  • Se imos traballar con algo líquido, temos que procurar que este líquido cubra as coitelas.
  • Evitar botar na licuadora cousas moi quentes, xa que polo xeral, poden saltar con certa violencia e mesmo desbordarse. Ademáis temos que ter sempre posta a tapa e sostida cuberta cun rodelo de cociña antes de poñela en funcionamento. Mellor previr que logo lamentar queimaduras…
  • Non procesar demasiado tempo. Estos aparellos precisas só duns segundos para realizar a súa función. Os líquidos necesitan só 30 segundos, as cousas brandas 1 minuto e as duras 2 ou 3. É preferible neste punto parar o motor e ir revisando se está licuado como queremos, reacomodar ingredientes e voltar a licuar.
  • Evitar poñer dentro da licuadora cousas demasiado duras como ósos, pepitas, sementes coriáceas, cascas de froitos secos, … pois poden romper as coitelas.

MACHUCAR.- Desfacer ou comprimir moito unha cousa, dándolle golpes ou facendo presión sobre ela. O morteiro é o utensilio indispensable e por excelencia para realizar esta labor.

Importante neste punto elexir o material correctamente para as nosas necesidades. Sabemos que o morteiro é un recipinte pequeno e a man unha vara cunha curva que está moldeada para facilitar o seu uso e que pode estar feito de madeira, pedra ou cerámica. Basándonos nisto deberemos escoller o necesario segundo as nosas preferencias persoais e tendo en conta que os morteiros de cerámica poden moer especias de forma moi fina pero teñen a desvantaxa de que son os máis delicados de todos os tipos. Os de madeira son máis duradeiros pero ó ser de material poroso, mánchanse máis que ningún e incluso se non se limpan ben, o sabor do que machuquemos nun uso, pode contaminarse co sabor do seguinte uso. Por último, os morteiros de pedra tamén moen de forma moi fina. A desvantaxa o peso do utensilio o que nos obriga a facer máis forza coa nosa man e tamén algunha que outra partícula fina da pedra pode aparecer na labor.

Outra cousa importante é a limpeza do morteiro que depende do material de eleción. Para machucos secos pode ser suficiente con pasarlle un papel ou pano.  Para os outros tipos de machucos é importante lavalo con auga morna (evita o uso de deterxentes nos máis porosos) e secalo por completo antes de gardalo. Tamén é un bo aliado o arroz seco sobre todo cando queremos eliminar olores e manchas fortes. É moi probable que o arroz reciba a cor e olor do último que procesaches, polo que debemos refugar o arroz e repetir o proceso ata que o arroz machucado saia branco e sen olor despois de procesalo.

MOER.-  Desfacer en cachos moi pequenos ou reducir a po unha materia dura. Para a finalidade que nos concerne neste artigo se recomenda o uso de muíños manuais pois as cantidades que imos barallar soen ser pequenas.

Algúns ven os muíños manuais como algo do século pasado, pero a realidade é que o darlle voltas a unha manivela cunha man e dunha maneira lenta, favorece que as moas se quenten demasiado e deixen un sabor a queimado no noso produto final.  

Alguén pode pensar, sí pero tardan máis, a moenda é máis grosa e hai que axustar as moas do muíño (xa que o acabado  non é perfecto e precisan un tempo de rodaxe para que se suavice o muíño) en comparación cos eléctricos.

 

Queridos lectores, neste mundo no que o tempo vale máis que o ouro e que temos o noso alcance as mellores tecnoloxías en tódolos ámbitos da nosa vida, haberá quen pense que todas estas técnicas se suplen perfectamente cun aparello conectado á corrente… 

É a vosa elección de ser pacientes, de dedicarvos uns minutos mentras desfrutades do pracer de ver que das vosas mans poden sair moitas solucións para previr e curar enfermedades.

Se non que llo digan ós nosos avós…