OS PIOLLOS

Esos "temidos compañeiros

Os piollos son insectos parasitos sen ás que se alimentan de sangue e viven no coiro do cabelo e nas partes peludas do corpo humano. A súa cor é oscura e contrariamente ó que estamos habituados a escoitar, NON SALTAN, máis a súa transmisión é por contacto directo, forma na que adoitan trasladarse dunha persoa a outra ou indirectamente a través de prendas ou artigos persoais como sombreiros, peites, auriculares, almofadas, xoguetes,…. 

A picadura pode causar picor intenso debido a unha reacción alérxica debido a unha toxina que está presente na saliva destos insectos, ademáis de poder causar erupcións e inflamación das glándulas do pescozo. 

O maior problema é o rápido crecemento, xa que a femia soe poner entre catro e oito ovos ó día, chamadas lendias, as cales soen tardar sobre 15 días en convertirse en piollos. Hai que ser coidadoso con elas pois a veces pódense confundir coa caspa pola súa cor branquecina e o pequeño tamaño, pero éstas non saen do cabelo con tanta facilidade.

 

 MÁIS VALE PREVIR ……….

Os piollos son un mal endémico e son moi comúns os brotes entre os escolares, quizáis máis entre as nenas, pola súa cantidade de pelo. O primeiro que debemos facer ante un brote destas características é explicarlle ó neno que son os piollos e comentarlle que debemos quitalos, o cal pode levar tempo e esforzo, pero desta maneira conseguimos que o neno esté tranquilo e non se sinta avergoñado ou culpable. 

Podemos suxerirlle ademáis de facer un corte de cabelo para facilitar o tratamento. Isto sempre na casa e non na perruquería, para evitar o contaxio doutras persoas. 

Debemos tratar a todos os membros da familia ó mesmo tempo que a persoa infectada, pois a transmisión, tal e como falamos antes é moi doada. Manter limpa a casa; lavar todos os textís (sábanas, almofadas, toallas, sombreiros,…) en auga quente de 60 ºC; o aspirado de sillóns, colchóns, alfombras,… e un coidado na hixiene persoal de cadaquén, son pasos moi importantes para evitar novos brotes.

 

A RECEITA DE CRIS

Ingrediente

Aceite de coco: A viscosidade de calquera aceite sería suficiente para afogar ós piollos pero a elección deste aceite é porque segundo varios estudios, é un bon antiparasitario para combatir tenias, piollos e outros parasitos do corpo. Pódese usar só ou se lle pode engadir un reforzo cunhas gotiñas de aceite esencial de eucalipto ó 10%.

Vinagre de sidra de mazá: como é un produto ácido, axuda a eliminar as lendias, matándoas e facéndoas aflorar do coiro cabeludo.


Aplicación

Sobre o cabelo seco, aplícase una mestura de auga quente e vinagre de sidra a partes iguais e deixamos que seque normalmente. Despois disto, pónse o aceite de coco sobre o cabelo, asegurándonos de que queda todo o cabelo untado co aceite.

Cubrimos o cabelo cun gorro de ducha, toalla ou similar durante un par de horas. Pasado este tempo, peiteamos o cabelo cun bo peite (que teña os dentes moi finos e apretados) para eliminar os ovos e piollos mortos e despois lavamos o cabelo normalmente.


Este tratamento aplicarase polo menos dúas veces á semana e durante un mes mínimo.