AS ARAÑAS Cantas veces oímos, ou pronunciamos, esa exclamación? Dentro do imaxinario de animais perigosos, as arañas ocupan un lugar destacado. Será pola súa forma estraña e aspecto sixiloso, enigmático e supostamente ameazador. Non obstante, tamén é certo que para moitos de nós as arañas forman parte entrañable das nosas primeiras experiencias de descubrimento da natureza, a observación fascinante da distinta arquitectura das súas redes, máis ou menos aparentes segundo o momento do día, con frecuencia empapadas de orballo nas primeiras horas; o ensaio de alertar o cazador e interromper a súa espera polo rozamento dunha presa botada a destempo na súa trampa elástica. Seguramente o amolar ás pacientes arañas, foi un dos xogos que as criaturas humanas, nos nosos primeiros encontros exploratorios que coa natureza levamos repetindo dende sempre. É por iso, que hoxe neste artigo e nos que seguirán nas próximas semanas, pretendo romper unha lanza a favor destes fascinantes animais. Figura 1 Como son.. As arañas teñen lonxitudes corporais que oscilan entre os 0,5 mme os 9,0 cm que alcanzan algúns migalomorfos tropicais, os cales chegan a capturar pequenos paxaros; coas patas estendidas xa que algún destes pode superar os 25 cm. A araña máis grande do mundo é a Theraphosa blondi (Fig. 1), ou a tarántula goliat que pode chegar a medir 30 cm (incluída as patas), ambas as dúas son orixinarias de América. Figura 2 Figura 3 O prosoma (Fig.2) porta un par de quelíceros, un par de pedipalpos e catro pares de patas locomotoras. Dorsalmente dispoñen os ollos (Fig. 3) e, na cara ventral ábrese a boca. Os quelíceros habitualmente levan glándulas velenosas. Os machos de moitas especies empregan os pedipalpos para cortexar ás femias, en cuxo caso poden ser grandes ou vistosos, e tamén como aparato copulador, que introduce unha bolsa de esperma (espermatóforo) no corpo da femia. O opistosoma (Fig. 2) alberga no seu extremo posterior glándulas sericígenas (produtoras de seda) que se abren ao exterior por uns pequenos mamelóns chamados fileiras (Fig.2). As fileiras producen un fluído que se solidifica ao contacto co aire (o fluído é unha disolución concentrada de proteínas, cuxa estrutura se transforma xusto antes de saír, converténdose nunha forma insoluble que rapidamente se deshidrata e constitúe a fibra de seda).Todas as especies de arañas producen seda e que utilizan para moi variadas funcións: cazar presas e envolvelas nela; como adhesivo doutros materiais de construción de túneles, trapelas, etc. (sobre esta cuestión, ocuparémonos no seguinte artigo). Coñécense moitas arañas ? Na actualidade tense constancia da existencia de 41.253 especies de arañas en todo o planeta, repartidas en 3.777 xéneros, aínda que o número total de especies existentes é, con alta probabilidade, unhas tres ou catro veces maior do catalogado. Por outra parte, na Península Ibérica e as Illas Baleares coñécense 1.172 especies de arañas distribuídas en 328 xéneros. Alimentación Figura 4 Figura 5 Figura 6 Figura 7 Voraces e feroces, as arañas adultas son típicos animais solitarios que non dubidan en agredir calquera presa, sen excluír os seus semellantes. Non obstante, esta tendencia non se manifesta nos mozos, que xeralmente son gregarios. Son fundamentalmente carnívoras e aliméntanse exclusivamente de presas vivas, salvo as grandes migalas e licosas dos países tropicais que poden matar e chupar pequenas aves, ratos e pequenos réptiles; e as grandes Dolomedes (Fig. 4), que capturan e devoran pequenos peixes. Presas habituais son os insectos. Aínda cando a maioría das arañas se mostran fortemente eclécticas, algunhas especies distínguense por un réxime especializado. Así por exemplo, Eresus níger (Fig.5) inxire fundamentalmente coleópteros do xénero Asida. Os Zodarion (Fig.6), parecen alimentarse exclusivamente de formigas. Algúns xéneros de Disdéridos aliméntanse principalmente de isópodos; as especies do xénero Scytodes (Fig.7) aliméntanse de pececillos de prata (Lepisma) aínda que, en catividade, poden alimentarse doutros artrópodos e as especies do xénero Mimetus son cazadores especializados doutras arañas. O xeito de capturar as súas presas é moi variado. A maioría dos Licósidos cazan á carreira, abalánzanse sobre os pequenos animais que o azar coloca no seu camiño. Os Saltícidos (Fig. 8, 9) imitan en certo modo aos felinos: axexan as súas vítimas e despois saltan sobre elas. A maioría dos Tomísidos (Fig.10) cazan ao axexo acazápanse baixo os capítulos das flores compostas e agarran aos insectos que van libar. As arañas sedentarias utilizan as trampas máis diversas: tubos (Atípidos) (Fig.11), redes (Theridiidos), manteis (Agelénidos) (Fig.12) ou teas xeométricas dunha marabillosa arquitectura (Argiópidos) (Fig.13). Figura 8 Figura 9 Figura 10 Figura 11 Figura 13 Figura 12 Onde viven…… Algunhas viven en buratos escavados no chan ou en ocos da madeira seca, forrados coa seda que fabrican, axexando presas que deambulan sobre a superficie; outras mimetizar se nas flores (Fig.10), esperando ao polinizador descoidado, as máis populares esperan a caída na rede de insectos que se moven no aire, e algunhas destas últimas asócianse con frecuencia á vivenda humana. Argyroneta acuatica (Fig. 14), é a única araña que pasa case a totalidade da súa vida baixo a auga. Destaca pola campá de aire que forma baixo a auga, a constrúe cunha lámina de seda que está adherida á vexetación submarina e a chea de aire mediante burbullas de aire que transporta dende o seu abdome e as patas posteriores dende a superficie. Figura 14 Comportamento A investigación do comportamento das arañas é un campo de grande interese. Aínda que a súa capacidade de aprendizaxe é modesta, fan gala dunha gran variedade e complexidade de comportamentos instintivos, sobre todo no referente ao cortexo e apareamento, ao coidado parenteral e á construción de teas. O coidado parenteral, a atención activa á proxenie, observouse en distintas arañas. Así por exemplo, os licósidos (Fig.15) portan os ovos, encerrados ou non nun botón, e coidan os individuos xuvenís ata que estes alcanzan o desenvolvemento suficiente para capturar presas. Coñécense algúns casos de suicidio maternal, nos que as novas arañas obteñen do corpo da súa nai o primeiro alimento. Figura 15 Figura 16 Algunhas arañas, como o xénero cosmopolita Argyrodes (familia Theridiidae), son cleptoparásitas (rouban a outras arañas as súas presas) manténdose ao axexo nas súas teas. As especies do xénero Mycaria (familia Gnaphosidae) (Fig. 16) practican o mimetismo das formigas, non só polo seu aspecto, senón polas súas actitudes, levantando as patas anteriores ata a posición dunhas antenas. O mesmo fai Sunpunna picta, que imita os movementos dunha avespa. Se encontras unha araña, non a mates. Quédalle moito traballo por facer...... É posible que a primeira parte do fragmento da conversa que tiven no despacho dunha boa amiga, a oísedes ou manifestásedes nas vosas casas: -.... - Teño que pedir que me limpen todas esas arañeiras.. - Non o fagas..déixaas... - Por qué ? - Achégase a primavera... por esa ventá entrarán moitas moscas... mosquitos... Esas arañas, farán que teñas moitos menos "visitantes" e non terás que utilizar aerosois... ................ As arañas teñen unha importancia vital para o medio. Cumpren un papel esencial para o mantemento do equilibrio natural, xa que son unhas voraces depredadoras dentro da escala na que se moven. Comen moitos insectos, máis pequenos, e que poderían converterse en verdadeiras pragas se non caesen nas redes para servir de comida aos arácnidos. Pero, como acontece a miúdo, o home interfire no funcionamento da natureza para mal. Segundo os investigadores Samuel Prieto-Benítez e Marcos Méndez, a abundancia e o número de especies de arañas están a diminuír a causa dalgúns usos humanos do terreo. En especial, o tratamento que sofren os sistemas agrícolas e pasteiros por parte dos homes está a afectar gravemente ás arañas. Outro dos beneficios que poden producir as arañas é a rexeneración dos bosques. Mesmo, tras un incendio, aínda que as especies autóctonas morran polo lume, deseguida hai outras arañas que acoden ao bosque queimado e que comezan a "traballar" para a súa rexeneración. De feito, o primeiro que encontraron os exploradores despois da desvastadora explosión do volcán Krakatoa, en 1883, foi unha araña. Detectores de contaminación ambiental ? A arañeira ten un truco que descoñeciamos ata agora. Estas laboriosas tecedoras impregnan os fíos cunha substancia condutora que converte a arañeira nunha trampa electrostática. Investigadores da Universidade de Oxford acaban de publicar un estudo no que analizan estas propiedades das arañeiras e propoñen utilizar un sistema similar para atrapar contaminantes atmosféricos de forma barata. O equipo de Fritz Vollrath estudou con detalle as estruturas construídas pola araña de xardín europea (Araneus diadematus) e comprobou que a carga eléctrica das arañeiras lle permite atrapar pequenas partículas do ambiente, como pole, aerosois e, por suposto, insectos. Por un principio físico moi sinxelo, afirman, é a propia arañeira a que se move cara aos obxectos, independentemente de que estean positiva ou negativamente. Isto explica por que recollen partículas con tanta eficiencia, insisten, e por que atrapan tantos insectos. Vollrath propón utilizar as arañas de xardín como detectores da contaminación ambiental, dada a capacidade destas arañeiras para recoller partículas do ambiente. "A atracción eléctrica arrastra estas partículas ata as redes", asegura, "de modo que poderiamos recollelas e utilizalas para monitorizar os niveis de contaminación para detectar, por exemplo, pesticidas que poderían estar a danar ás poboacións de abellas". Dereitos de imaxe, patentes, produtos e servizos.... Se algún de nós puidese ter algún dos dereitos sinalados previamente, asegúrovos que nos relacionariamos na lista Forbes, con personaxes tales como Amancio Ortega ou Bill Gates. Veremos algúns exemplos hoxe e nas próximas semanas, sobre a utilización das arañas nalgunhas das distintas manifestacións culturais e, a partir delas, vós mesmos deduciredes os enormes servizos que estes animais poden prestar, ademais dos xa indicados previamente. Figura 17 Na mitoloxía As arañas tomaron parte en fábulas mitolóxicas dende tempos inmemoriais ao longo de todo o mundo. Esta presenza en numerosas culturas está relacionada sen dúbida coa distribución cosmopolita dos arácnidos. No antigo Exipto, as arañas estaban relacionadas coa deusa Neith na súa faceta de fiadora e tecedora de destinos. Este nexo continuou posteriormente coa deusa babilónica Ishtar e a grega Atenea. Nunca un animal foi tan repudiado e temido; non obstante, a poética visión grega destes bichos, converteunos nos sucesores da que quizais é unha das máis acertadas fábulas da mitoloxía. A lenda antiga máis famosa de todas é a historia que conta a competición que levaron a cabo a deusa grega Atenea e a princesa Aracne. Aracne foi unha gran tecedora que alardeou de ser máis habilidosa que a divina Minerva, equivalente romana de Pas Atenea, deusa da artesanía e a sabedoría. Minerva, ofendida, entrou en competición con Aracne, pero, segundo conta Ovidio, non puido superala. Ademais, o tema elixido por Aracne, os amores dos deuses, foi ofensivo, e Minerva transformouna nunha araña(Fig.17). Na mitoloxía dos pobos nativos americanos, a araña encóntrase de novo na lenda do nacemento da constelación Osa Maior. Segundo esta lenda, sete homes transformáronse en estrelas e subiron ao paraíso trepando por unha tea de araña desenrolada. Na arte Figura 18 Sen dúbida un dos lugares nos que a arte parietal mesolítica foi ben estudada é o Levante Ibérico. Na devandita zona, descubriuse a fermosa escena da recolección do mel da Cova da Araña (Valencia) Figura 19 A historia de Aracne inspirou un dos cadros máis interesantes de Velázquez: A fábula de Aracne, coñecido popularmente como "As fiandeiras", no que o pintor representa dous dos momentos importantes do mito. Figura 20 Simon reúne arañas e alóxaas no seu estudo, onde estas tecen entre varas de plástico. Cando as arañas conclúen a súa tarefa, devólveas ao seu hábitat natural. Logo procede a pintar as arañeiras. Figura 21 Imaxe cedida por A. Romero. Tomada en Tokio A araña Maman (Mamá), de case 10 m de altura pesa máis de 10Tn. É unha escultura en bronce, mármore e aceiro inoxidable da escultora e artista francesa naturalizada estadounidense Louise Caroline Bourgeois (1911-2010).


LAS ARAÑAS

¿Cuantas veces oímos, o pronunciamos, esa exclamación?

Dentro del imaginario de animales peligrosos, las arañas ocupan un lugar destacado. Será por su forma extraña y aspecto sixiloso, enigmático y supuestamente amenazador. No obstante, también es cierto que para muchos de nosotros las arañas forman parte entrañable de nuestras primeras experiencias de descubrimiento de la naturaleza, la observación fascinante de la distinta arquitectura de sus redes, más o menos aparentes según el momento del día, con frecuencia empapadas de llovizna en las primeras horas; el ensayo de alertar el cazador e interrumpir su espera por el roce de una presa echada a destiempo en su trampa elástica. Seguramente no fastidiar a las pacientes arañas, fue uno de los juegos que las criaturas humanas, en nuestros primeros encuentros exploratorios que con la naturaleza llevamos repitiendo desde siempre.
Es por eso, que hoy en este artículo y en los que seguirán en las próximas semanas, pretendo romper una lanza a favor de estos fascinantes animales.


Figura 1

Como son..

Las arañas tienen longitudes corporales que oscilan entre los 0,5 mme los 9,0 cm que alcanzan algunos migalomorfos tropicales, las cuales llegan a capturar pequeños pájaros; con las patas extendidas ya que alguno de estos puede superar los 25 cm. La araña más grande del mundo es la Theraphosa blondi ( Fig. 1), o la tarántula goliat que puede llegar a medir 30 cm (incluida las patas), ambas son originarias de América.

Figura 2
Figura 3

El prosoma ( Fig.2 ) porta un par de quelíceros, un par de pedipalpos y cuatro pares de patas locomotoras. Dorsalmente disponen los ojos ( Fig. 3 ) y, en la cara ventral se abre la boca. Los quelíceros habitualmente llevan glándulas venenosas. Los machos de muchas especies emplean los pedipalpos para cortejar a las hembras, en cuyo caso pueden ser grandes o vistosos, y también como aparato copulador, que introduce una bolsa de esperma (espermatóforo) en el cuerpo de la hembra. El opistosoma ( Fig. 2) alberga en su extremo posterior glándulas sericígenas (productoras de seda) que se abren al exterior por unos pequeños mamelones llamados hileras ( Fig.2 ). Las hileras producen un fluido que se solidifica al contacto con el aire (el fluido es una disolución concentrada de proteínas, cuya estructura se transforma justo antes de salir, convirtiéndose en una forma insoluble que rápidamente se deshidrata y constituye la fibra de seda). Todas las especies de arañas producen seda y que utilizan para muy variadas funciones: cazar presas y envolverlas en ella; como adhesivo de otros materiales de construcción de túneles, trampas, etc. (sobre esta cuestión, nos ocuparemos en el siguiente artículo).

 ¿Se conocen muchas arañas ?

En la actualidad se tiene constancia de la existencia de 41.253 especies de arañas en todo el planeta, repartidas en 3.777 géneros, aunque el número total de especies existentes es, con alta probabilidad, unas tres o cuatro veces mayor del catalogado. Por otra parte, en la Península Ibérica y las Islas Baleares se conocen 1.172 especies de arañas distribuidas en 328 géneros.

 Alimentación

Figura 4
Figura 5
Figura 6
Figura 7

Voraces y feroces, las arañas adultas son típicos animales solitarios que no dudan en agredir cualquier presa, sin excluir sus semejantes. No obstante, esta tendencia no se manifiesta en los jóvenes, que generalmente son gregarios. Son fundamentalmente carnívoras y se alimentan exclusivamente de presas vivas, salvo las grandes migalas y licosas de los países tropicales que pueden matar y chupar pequeñas aves, ratones y pequeños reptiles; y las grandes Dolomedes ( Fig. 4 ), que capturan y devoran pequeños pescados. Presas habituales son los insectos. Aun cuando la mayoría de las arañas se muestran fuertemente eclécticas, algunas especies se distinguen por un régimen especializado. Así por ejemplo, Eresus níger ( Fig.5 ) ingiere fundamentalmente coleópteros del género Asida. Los Zodarion ( Fig.6 ), parecen alimentarse exclusivamente de hormigas. Algunos géneros de Disdéridos se alimentan principalmente de isópodos; las especies del género Scytodes ( Fig.7 ) se alimentan de pececillos de plata ( Lepisma ) aunque, en cautividad, pueden alimentarse de otros artrópodos y las especies del género Mimetus son cazadores especializados de otras arañas.

La manera de capturar sus presas es muy variado. La mayoría de los Licósidos cazan a la carrera, se abalanzan sobre los pequeños animales que el azar coloca en su camino. Los Saltícidos ( Fig. 8, 9 ) imitan en cierto modo a los felinos: acechan sus víctimas y después saltan sobre ellas. La mayoría de los Tomísidos ( Fig.10 ) cazan al acecho se agazapan bajo los capítulos de las flores compuestas y agarran a los insectos que van a libar. Las arañas sedentarias utilizan las trampas más diversas: tubos ( Atípido s) ( Fig.11 ), redes ( Theridiidos ), manteles ( Agelénidos ) ( Fig.12 ) o telas geométricas de una maravillosa arquitectura ( Argiópidos) ( Fig.13).

Figura 8
Figura 9
Figura 10
Figura 11
Figura 12
Figura 13

 Donde viven……

Algunas viven en agujeros excavados en el suelo o en huecos de la madera seca, forrados con la seda que fabrican, acechando presas que deambulan sobre la superficie; otras se mimetizar en las flores ( Fig.10 ), esperando al polinizador despistado, las más populares esperan la caída en la red de insectos que se mueven en el aire, y algunas de estas últimas se asocian con frecuencia a la vivienda humana. Argyroneta acuatica ( Fig. 14 ), es la única araña que pasa casi la totalidad de su vida bajo el agua. Destaca por la campana de aire que forma bajo el agua, la construye con una lámina de seda que está adherida a la vegetación submarina y el montón de aire mediante burbujas que transporta en su abdomen y las patas posteriores desde la superficie.


Figura 14

Comportamiento

La investigación del comportamiento de las arañas es un campo de grande interés. Aunque su capacidad de aprendizaje es modesta, hacen gala de una gran variedad y complejidad de comportamientos instintivos, sobre todo en el referente al cortejo y apareamento, al cuidado parenteral y a la construcción de telas. El cuidado parenteral, la atención activa a la progenie, se observó en distintas arañas. Así por ejemplo, los licósidos ( Fig.15 ) portan los huevos, encerrados o no en un botón, y cuidan los individuos juveniles hasta que estos alcanzan el desarrollo suficiente para capturar presas. Se conocen algunos casos de suicidio maternal, en los que las nuevas arañas obtienen del cuerpo de su madre el primer alimento.

Figura 15
Figura 16

Algunas arañas, como el género cosmopolita Argyrodes ( familia Theridiidae ), son cleptoparásitas ( roban a otras arañas sus presas ) manteniéndose al acecho en sus telas. Las especies del género Mycaria (familia Gnaphosidae) ( Fig. 16) practican el mimetismo de las hormigas, no sólo por su aspecto, sino por sus actitudes, levantando las patas anteriores hasta la posición de unas antenas. Lo mismo hace Sunpunna picta, que imita los movimientos de una avispa.

Se encuentras una araña, no la mates. Le queda mucho trabajo por hacer......

Es posible que la primera parte del fragmento de la conversación que tuve en el despacho de una buena amiga, la oyerais o manifestarais en vuestras casas: -....

      • - Tengo que pedir que me limpien todas esas telarañas..
      • - No lo hagas.. déjalas...
      • - Por qué ?
      • - Se acerca la primavera... por esa ventana entrarán muchas moscas... mosquitos... Esas arañas, harán que tengas muchos menos "visitantes" y no tendrás que utilizar aerosoles...
      • ................

Las arañas tienen una importancia vital para el medio. Cumplen un papel esencial para el mantenimiento del equilibrio natural, ya que son unas voraces depredadoras dentro de la escala en la que se mueven. Comen muchos insectos, más pequeños, y que podrían convertirse en verdaderas plagas si no cayeran en las redes para servir de comida a los arácnidos. Pero, como acontece a menudo, el hombre interfiere en el funcionamiento de la naturaleza para mal. Segundo los investigadores Samuel Prieto- Benítez y Marcos Méndez, la abundancia y el número de especies de arañas están disminuyendo la causa de algunos usos humanos del terreno. En especial, el tratamiento que sufren los sistemas agrícolas y pasteros por parte de los hombres está afectando gravemente a las arañas. Otro de los beneficios que pueden producir las arañas es la regeneración de los bosques. Mismo, tras un incendio, aunque las especies autóctonas mueran por el fuego, en seguida hay otras arañas que acuden al bosque quemado y que comienzan a "trabajar" para su regeneración. De hecho, el primero que encontraron los exploradores después de la desvastadora explosión del volcán Krakatoa, en 1883, fue una araña.

¿Detectores de contaminación ambiental ?

La araña tiene un truco que desconocíamos hasta ahora. Estas laboriosas tejedoras impregnan los hilos con una sustancia conductora que convierte la tela de araña en una trampa electrostática. Investigadores de la Universidad de Oxford acaban de publicar un estudio en el que analizan estas propiedades de las telas de araña y proponen utilizar un sistema similar para atrapar contaminantes atmosféricos de forma barata. El equipo de Fritz Vollrath estudió con detalle las estructuras construidas por la araña de jardín europea ( Araneus diadematus ) y comprobó que la carga eléctrica de las telarañas le permite atrapar pequeñas partículas del ambiente, como polen, aerosoles y, por supuesto, insectos. Por un principio físico muy sencillo, afirman, es la propia tela de araña la que se mueve hacia los objetos, independientemente de que sean positivos o negativos. Esto explica por que recogen partículas con tanta eficiencia, insisten, y por que atrapan tantos insectos.
Vollrath propone utilizar las arañas de jardín como detectores de la contaminación ambiental, dada la capacidad de estas telarañas para recoger partículas del ambiente. "La atracción eléctrica arrastra estas partículas hasta las redes", asegura, "de modo que podríamos recogerlas y utilizarlas para monitorizar los niveles de contaminación para detectar, por ejemplo, pesticidas que podrían estar dañando a las poblaciones de abejas".

 Derechos de imagen, patentes, productos y servicios....

Si alguno de nosotros pudiera tener alguno de los derechos señalados previamente, os aseguro que nos relacionaríamos en la lista Forbes, con personajes tales como Amancio Ortega o Bill Gates. Veremos algunos ejemplos hoy y en las próximas semanas, sobre la utilización de las arañas en algunas de las distintas manifestaciones culturales y, a partir de ellas, vosotros mismos deduciréis los enormes servicios que estos animales pueden prestar, además de los ya indicados previamente.


Figura 17

En la mitología

Las arañas tomaron parte en fábulas mitolóxicas desde tiempos inmemoriales a lo largo de todo el mundo. Esta presencia en numerosas culturas está relacionada sin duda con la distribución cosmopolita de los arácnidos. En el antiguo Egipto, las arañas estaban relacionadas con la diosa Neith en su faceta de fiadora y tejedora de destinos. Este nexo continuó posteriormente con la diosa babilónica Ishtar y la griega Atenea.

Nunca un animal fue tan repudiado y temido; no obstante, la poética visión griega de estos bichos, los convirtió en los sucesores de la que quizás es una de las más acertadas fábulas de la mitología. La leyenda antigua más famosa de todas es la historia que cuenta la competición que llevaron a cabo a diosa griega Atenea y la princesa Aracne. Aracne fue una gran tejedora que alardeó de ser más habilidosa que la divina Minerva, equivalente romana de Palas Atenea, diosa de la artesanía y la sabiduría. Minerva, ofendida, entró en competición con Aracne, pero, según cuenta Ovidio, no pudo superarla. Además, el tema elegido por Aracne, los amores de los dioses, fue ofensivo, y Minerva la transformó en una araña( Fig.17 ).

En la mitología de los pueblos nativos americanos, la araña se encuentra de nuevo en la leyenda del nacimiento de la constelación Osa Mayor. Según esta leyenda, siete hombres se transformaron en estrellas y subieron al paraíso trepando por una tela de araña desenrollada.

 En el arte

  Figura 18

Sin duda uno de los lugares en los que el arte parietal mesolítico fue bien estudiada es el Levante Ibérico. En dicha zona, se descubrió la hermosa escena de la recolección de la miel de la Cueva de la Araña (Valencia)

  Figura 19

La historia de Aracne inspiró uno de los cuadros más interesantes de Velázquez: La fábula de Aracne, conocido popularmente como "Las hilanderas", en el que el pintor representa dos de los momentos importantes del mito.

  Figura 20 

Simon reúne arañas y las aloja en su estudio, donde estas tejen entre varas de plástico. Cuando las arañas concluyen su tarea, las devuelve a su hábitat natural. Luego procede a pintar las telarañas.

  Figura 21  Imagen cedida por A. Romero. Tomada en Tokio 

La araña Maman (Mamá), de casi 10 m de altura pesa más de 10 Tn. Es una escultura en bronce, mármol y acero inoxidable de la escultora y artista francesa naturalizada estadounidense Louise Caroline Bourgeois (1911-2010).

Subcategorías