

VID (Vitis vinifera)
CLIMA
É unha planta que soporta gran variedade de climas e poden soportar temperaturas ata de -15ºC, pero non soporta moi ben a humidade xa que rapidamente aparece o oidio e o mildeu.
ABOADO
Segundo o sistema elixido teremos que aboar, ou non. Se o organizamos en parras crecerá máis (terá unha maior produción) e necesitará algunha achega de compost, mentres que se a deixamos en cepa prácticamente non será necesaria achega ningunha. Prefiren os chans soltos, secos, cálidos.
REGA
Non será necesario regalas salvo no caso dos emparrados que, se existise moita sequidade, podería ser conveniente regar un pouco. Sempre hai que ter en conta que o rego fará perder calidade e dozura á uva.
REPRODUCIÓN
Para reproducilas o mellor é mediante enxertos sobre pés resistentes á filoxera. Os enxertos adoitan realizarse en puga, o inglés ou de coroa, sempre profundos para que queden enterrados.
PODA
Necesita de podas regulares. Farase unha en seco (entre os quince días despois da caída da folla e a aparición das novas xemas) e outra en verde (eliminación de chupons, despuntes, etc) para favorecer a frutificación.
A parte das podas necesítanse poucos coidados máis. Un deles sería manter unha boa cobertura para evitar herbas competidoras.
PROBLEMAS
Os seus principais problemas son as xeadas e especialmente o mildeu e os oídios que se poden previr espolvoreando con flor de xofre (que se poderán previr con tratamentos de caldo bordelés).
Entre os seus parasitos estaría a polilla da vide e o pulgón.