IMPORTANCIA DAS HERBAS

"O feito de que nos topemos tan a gusto en plena Natureza provén de que ésta non ten opinión sobre nós."

Friedrich Nietzsche


¿Simplemente herbas?

As prantas constitúen un recurso insustituible para nós, os chamados "humáns", pois están presentes nas nosas actividades vitais das maneiras máis inimaxinables e son a base necesaria para o ciclo erguerse-deitarse de todo o mundo, dende mandatarios, xefes de estado, farmacéuticos, mestres, amas de casa, médicos,…. ata onde queirades abarcar…. 

Neste planeta conquistado pola industralización, mecanización, comunicación,…. (e todas as –ción que se vos ocurran) é moi doado esquecerse da importancia das prantas que nos nutren a través do gusto, da vista, do oído, do olfato e do tacto; nos recubren con abrigo a núa pel; nos axudan a poñernos guap@s, nos dan auténticas leccións da vida e nos protexen das enfermidades desta sociedade tecnolóxica.


 

Desde tempos inmemoriais á actualidade……

Todos somos conocedores de que as prantas se levan usando ó longo da historia da humanidade e que é precisamente o home, o artífice de sacarlles proveito a través de distintas civilizacións, e ó mesmo tempo, de ir acumulando datos acerca das súas propiedades. Sabiduría baseada primeiramente na experimentación (proceso de erro e acerto, cuio resultado era o descubrimento de que especies vexetais eran comestibles, cales eran tóxicas, beneficiosas para a saúde,…) e no traspaso nos seus comezos dun xeito oral, ata o día de hoxe, no que cunha computadora temos acceso a toda a información mundial. 

Os antigos exipcios chegaron a ter coñecemento do valor das herbas, para uso mediciñal e de contención da "descomposición" do corpo, do mesmo xeito que sucedera cos hindús e os chineses, os cales xa usaban no ano 5.000 a.C. as herbas como un complemento nos procesos da prevención de enfermidades, xunto coas masaxes e a acupuntura. 

Gregos e romanos recolleron a tradición de Mesopotamia e Exipto facendo uso das prantas para curar enfermidades e manter un bo estado de saúde. Así, o coñecido pai das medicina, Hipócrates ("Deixa que a túa comida sexa a túa medicina e a túa medicina, a túa comida"), observa o valor de determinadas herbas nos procesos de curación, chegando a establecer por escrito, pautas determinadas para cada unha. 

Na Idade media a superstición que rodeaba o uso das prantas (en ocasións asociadas á bruxería) e a persecución relixiosa propia da época (destacada a presenza da ameazante Inquisición), fixeron que o coñecemento das prantas quedara restrinxido ós monxes, os cales nos seus mosteiros, traducían antigos tratados e logo plantaban e experimentaban sobre as especies descritas neses textos clásicos. 

A importancia do uso e cultivo das prantas mediciñais neste chamado "Novo mundo", débese ás colonizacións dos distintos países. Coñecidos son os relatos que contan que cando os colonizadores europeos chegaron a América, quedaron fascinados polos coñecementos que os nativos tiñan neste tema. Xa se mencionaban os chamáns, que eran as persoas que eran os que tiñan o poder de usar a maxia e as prantas mediciñais para curar enfermidades e obxecto de búsqueda de novas expedicións de botánicos e herbalistas. 

Na actualidade, obsérvase un renacer na confianza das propiedades terapéuticas de diversas herbas, debido á crecente preocupación da humanidade en buscar modelos de vida "saudables" e a desconfianza nas grandes multinacionais farmacéuticas.


 

Esas axudantes altruistas

Ainda que os efectos mediciñais dalgunhas prantas son moi coñecidos, ata fai relativamente pouco tempo, non se aislaron e estudiaron os componentes activos que nos axudan na terapia contra as enfermidades. 

Vexamos algún deles:

Aceites volátiles

Son quizáis os componentes máis importantes e a partir deles prepáranse os coñecidos aceites esenciais. As prantas con alta riqueza neles solen exercer unha acción antiinflamatoria, expectorante, diurética e antiespasmódica.

Taninos

Son compoñentes polifenólicos presentes en todas as prantas en maior ou menor concentración. Soen acumularse na raíz e na corteza. Son moi astrixentes, por iso teñen un gusto amargo. A unión dos taninos con proteínas crean unha barreira que impide o crecemente bacteriano, facilita a coagulación e acelera a cicatrización. Ademáis teñen acción antiinflamatoria, intestinal e antidiarreica.

Amargos

Así se lles denomina a unha serie de substancias de gusto amargo. Estas substancias estimulan a secreción salivar e a cantidade de xugo gástric, o que provoca unha boa dixestión e facilita a absorción dos nutrintes. Tamén teñen propiedades tónicas e regulan o sistema circulatorio.

Fenois

Son derivados aromáticos que presentan un grupo hidroxilo. Entre os fenois máis coñecidos está o Ácido acetilsalicílico. Todos teñen propiedades antisépticas e antiinflamatorias (reducen as inflamacións internas).

Flavonoides

Se definen como pigmentos non nitroxenados. Exercen diversas acción sobre o corpo dende antiinflamatorias, fortalecen as paredes capilares, regulan a circulación sanguínea e neutralizan os radicais libres, pois teñen propiedades antioxidantes.

Vitaminas e minerais

Tanto as vitaminas como os minerais son imprescindibles para a formación da estructura celular, as enzimas e as hormonas. A maioría das prantas mediciñais posúen dosis máis ou menos altas de vitaminas.

Saponinas

Algunhas saponinas exercen no organismo unha forte acción hormonal, como as que se topan no regaliz; outras actúan como potentes expectorantes e axudan a absorber os nutrintes.

Alcaloides

Os alcaloides son productos de eliminación das prantas. Actúan como antiespasmódicos e analxésicos pero en dosis excesivas son moi tóxicos.

Mucílagos

Están compostos de polisacáridos. Caracterízanse pola alta capadidade de retención de auga, polo que unha vez inxeridos, recobren as membranas mucosas do aparello dixestivo, a gorxa e os pulmóns; os riles e as vías urinarias, protexendo a todos eles da irritación e da inflamación.